Guerra dakota de 1862

Pintura de 1904 "Ataque a New Ulm" de Anton Gag.

A guerra dakota de 1862, tamén coñecida como a sublevación síux, o conflito dakota, a guerra entre os Estados Unidos e os dakota de 1862 ou a guerra de Little Crow, foi un conflito armado entre os Estados Unidos e diversas bandas dos dakota orientais, tamén coñecidos como síux santee. Comezou o 18 de agosto de 1962 en Lower Sioux Agency xunto ao río Minnesota, no sur de Minnesota.[1]

Os dakotas orientais foron presionados para que cedesen grandes extensións de terra aos Estados Unidos nunha serie de tratados asinados en 1837, 1851 e 1858, en troques de anualidades en efectivo, pagos de débedas e outras provisións.[2][3](p2) As catro bandas dos dakotas orientais, especialmente a mdewakanton, foron desprazadas e trasladadas de mala gana a unha reserva que tiña vinte millas de ancho, dez a ambos os dous lados do río Minnesota.[3](pp2–3) Alí, foron alentados polos axentes indios dos Estados Unidos a converterse en agricultores no canto de continuar coas súas tradicións de caza.[3]:4–5 Mentres tanto, a poboación de colonos no Territorio de Minnesota pasara de 6.077 en 1850 a 172.072 en 1860, despois de que se convertese nun estado.[4] Unha mala colleita en 1861, seguida dun inverno duro xunto cunha caza pobre debido ao esgotamento da caza salvaxe, levou á fame e a severas dificultades a moitos dos dakotas do leste.[5] No verán de 1862, as tensións entre os dakotas orientais, os comerciantes e os axentes indios chegaron a un punto de ruptura, porque os axentes indios atrasáronse cos pagos das anualidades que o goberno dos Estados Unidos lles debía aos dakotas orientais.[5] Os comerciantes negáronse a estender o crédito aos membros da tribo por comida, en parte porque os comerciantes sospeitaban que os pagos poderían non chegar debido á guerra civil estadounidense.[5][6]:116,121

  1. "During the War". The US–Dakota War of 1862. 22 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2012. Consultado o 2021-07-31. 
  2. Clemmons, Linda (2005). "'We Will Talk of Nothing Else': Dakota Interpretations of the Treaty of 1837". Great Plains Quarterly 186 – vía Digital Commons – University of Nebrasks@Lincoln. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Carley, Kenneth (1976). The Dakota War of 1862: Minnesota's Other Civil War. St. Paul: Minnesota Historical Society Press. ISBN 978-0-87351-392-0. 
  4. "Minnesota Territory, 1857". The US–Dakota War of 1862. 2 de setembro de 2012. Consultado o 2022-02-21. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mary Lethert Wingerd, North Country: The Making of Minnesota (2010) p. 302.
  6. Anderson, Gary Clayton (1986). Little Crow: Spokesman for the Sioux. St. Paul: Minnesota Historical Society Press. ISBN 0-87351-196-4. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search